O PIRATA METEPATA

O PIRATA METEPATA
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-9995-237-6
EAN:
9788499952376
Páginas:
32
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

7,50 €
Comprar

Relato do escritor naviego-lucense Toño Núñez, ilustrado polo debuxante betanceiro e colaborador de La voz de Galicia Xosé Tomás, que conta a historia dun vello e tenro mariño galego -o capitán Peneque- quen, despois de navegar unha morea de anos e de vivir unha pila de aventuras polos mares máis perigosos do planeta, atópase co malvado pirata Metepata. O capitán Peneque, de Galicia chegado, derrota e obriga a fuxir o pirata Metepata, a quen nunca volveron ver. En palabras do seu autor: "Trátase dun conto rimado, percorrido pola ternura e no que aparecen insinuadas unhas folerpiñas épicas. Está contado nun rexistro que lembra ao das vellas historias e emprega unha linguaxe que, penso, recende a poesía. Ademais, recolle e recrea a idea do débil e fráxil que se enfronta ao poderoso, a quen vence. E, por suposto, é un conto no que as magníficas ilustracións de Xosé Tomás, cheas de expresividade e de forza narrativa, fanlle medrar ao texto de xeito espectacular."