O PARAUGAS NA RAIOLA E OUTROS RELATOS

O PARAUGAS NA RAIOLA E OUTROS RELATOS
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-9995-315-1
EAN:
9788499953151
Páginas:
152
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

9,00 €
Comprar

Atado de oito relatos, prologados polo profesor, escritor e dinamizador cultural, Bernardo Penabade, que comezan coa historia da ?Señorita de Lobeiras? e rematan coas ?Memorias do esqueleto Isolino?, dous relatos que bordean os trazos da novela curta, e que con distintos recursos literarios, segundo as diferentes historias, forman unha unidade que aparece, física e maxicamente, abrigada da auga por un extraordinario paraugas. Neles fumegan o gusto de Paco polo realismo máxico e o misterio, tamén a homenaxe máis ou menos explícita aos autores dos que bebe no seu quefacer literario. Unha nova entrega na que Paco Rivas mostra a súa capacidade para construír historias desde o relato breve, do que se nos mostra como un auténtico continuador do rico legado existente na nosa literatura. *** Deitou no lenzo pinceladas afervoadas? ardorosas? de afeites? de adobíos? E mesturou cores nun relanzo da brisa? co pincel dunha lanceira. A cantaruxada das ondas enchoupou de foulas verdes os grises? Dos azuis ocupáronse as pingas dunha orballada? A aquel pintor fachendoso latexábanlle os alentos e os ollares? Os dedos debuxaban unha melodía acompasada. Movementos estudados para elaborar unha peza a modo de aria, de romanza? El era a única voz. ? Este pintor de soños mergúllase en todos e cada un destes relatos para que poidas entrar con el no mundo do soño? dos soños? Para que poidas soñar esperto? Durmido soña calquera.