O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS

O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-8487-407-2
EAN:
9788484874072
Páginas:
86
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

5,00 €
Comprar

Atopar un tesouro é sentir a emoción de enlazar o presente co pasado máis valioso. Así é o traballo de José Rodríguez Cruz, un tesouro que recupera o patrimonio esvaecido do mundo máxico do Couto Mixto, da súa cultura sentimental. Na noite estrelecida galega aparece este fermoso libro que recolle anacos da Antropoloxía cultural e das lendas deste recuncho do mundo raiano, galego-trasmontano. Sen el, o Couto Mixto quedaría eivado do seu máis xenuíno relato, o das historias e contos tantas veces repetidos ao quente do lume duns rachóns de carballo. Retorna así o arrecendo íntimo das casas que un día tiveron gravadas nas lumieiras das portas, o ?E? de España, o ?G? de Galicia ou o ?P? de Portugal. A teimosía das metrópoles, hispana e lusa, por esnaquizar os dereitos seculares das xentes do Couto Mixto, deu na desaparición destes sinais. Este territorio bretemoso -que para os seus moradores naceu dunha lenda, o favor dos veciños a unha raíña fuxida que deu a luz na invernía, ao amparo da calor da veciñanza- tamén comparte cos pobos da contorna o patrimonio inmaterial e xenético da Raia fronteiriza. Luís Manuel García Mañá