FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA

FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-8487-405-8
EAN:
9788484874058
Páginas:
172
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

7,50 €
Comprar

Que libros demostran que os feminismos deixaron a súa pegada nas obras literarias para nenas e nenos? Que grupos de mulleres comezaron a traballar a prol da coeducación e dunha literatura igualitaria en Galicia? Velaquí as dúas preguntas a partir das que nace este ensaio. Un ensaio que quixera abrir ventás, recuperando nomes de activistas, de críticas e de autoras, mais que sobre todo pretende afondar nalgunhas obras que apuntan determinadas tendencias, mostrando que os feminismos serviron na literatura infantil para que aumentasen as rapazas protagonistas (e os xeitos de selo) que aparecían nas obras literarias e para reivindicar e reler escritoras. Ademais, as angueiras das mediadoras e das autoras feministas permitiron cuestionar a calidade e os valores das narracións destinadas á infancia e á mocidade, posibilitaron novas temáticas, deron presenza aos personaxes LGBT ou privilexiaron outros xeitos de ser nenos e mozos que escapasen aos corsés do xénero. Todo isto facilitou a creación dun lectorado máis crítico, máis imaxinativo e tamén máis empático. Por isto, este é un libro sobre libros que pensa que a literatura aínda pode cambiar o mundo