FÁBULA DE AVES

FÁBULA DE AVES
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-8487-463-8
EAN:
9788484874638
Páginas:
130
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

7,00 €
Comprar

Lingua morta, lingua estranxeira a que usan filósofos e poetas, tal como lemos na cita de Giorgio Agabem que encabeza a Fábula das aves. Moi viva e próxima, porén, a voz do vitalista escéptico a quen nomeamos Manuel Forcadela, entregado con paixón á luz do paradoxo, ao fulgor da dúbida. Os seus poemas interpretan con estilo moi natural os seus propios acenos e movementos e os diversos rexistros do seu pensamento e das súas emocións. Os ámbitos da evocación nostálxica, o pracer de certa sensorialidade decadente, a música antiga do alexandrino pautado en rigorosa distribución de pés métricos, os diálogos que equilibran acentos coloquiais e reflexión transcendente, entre outras constantes da súa poética, tensan como nunca os seus instrumentos de precisión no relato desta Fábula das aves, que é a fábula da vida de Manuel Forcadela. A vida,? esa mestura / da forza da vontade / e do poder do azar? constitúe a materia central da Fábula das aves, cuxo magnífico voo discursivo se resolve con frecuencia en formatos de sátira elegante. Así nos momentos en que o autor escolle a voz desmitificadora da poesía e dos poetas mozos, autores de ?poemas por sempre inesquecibles / que xa ninguén recorda?. Manuel Forcadela, sabio en artes de paixón escéptica, é consciente, porén, do permanente efecto transformador do poema, cuxo sentido simbólico ?non substitúe o real senón que o incrementa?, tal como se verifica na lectura da Fábula das aves, alta música de pensamento e linguaxe.? Xosé Mª Ávarez Cácamo