CUTIÁN AO LONXE

CUTIÁN AO LONXE
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-923019-2-8
EAN:
9788492301928
Páginas:
108
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

7,00 €
Comprar

Sinopse biográfica: ?Manuel de Lis, un tío carnal, irmán da miña nai, pero o meu máis íntimo conselleiro, o que máis ha influído nas miñas inclinacións polas letras e por este quefacer xornalístico, acaba de falecer. Abandonounos así, de xeito tan sixilosoe humildemente como pasou pola vida nos oitenta e oito anos que andou por ela. Estudou a carreira de Dereito naUniversidade de Santiago e tivo en toda ela a soa nota de Sobresaliente e Matrícula de honor; os seus títulos de licenciatura e doutorado foron, tamén Título a Mérito. E un día díxome que fixera oposicións a Secretarios de Xulgado de Primeira Instancia, porque temía ditar sentenzas equivocadas. Como Secretario exerceu en moitos xulgados de Castela e de Galicia, os dous últimos foron Pontevedra e Ourense, neste se xubilou e retirouse a súa casa solarenga de Viascón, distante de Pontevedra por uns catorce quilómetros. Gran cazador, pescador e un bo fotógrafo? Manuel Fraga de Lis Mundo Gallego, primaveira de 1970