BANQUEIROS

BANQUEIROS
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-8487-378-5
EAN:
9788484873785
Páginas:
264
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

9,00 €
Sin stock
Comprar

Parece evidente que, cando falamos de ?crise?, estamos a empregar un vulgar eufemismo tras o que se agacha un calculado e programado saqueo da mafia financeira internacional para acabar de vez cos logros acadados pola clase traballadora no decurso dos séculos: Seguridade Social, ensino e sanidade públicos, dereito a un traballo digno, vacacións remuneradas, etc. Non é casual a demonización que se está a facer na actualidade da figura dos funcionarios e funcionarias, pois non se pode admitir que no futuro existan persoas que gocen dun emprego de por vida e que, ademais, militen nalgún sindicato de clase ou secunden as folgas, algo impensábel para quen ?goza? dun traballo temporal e renovábel en función da súa ?docilidade? cun sistema corrupto. O Teatro ?xunto cos púlpitos? foi secularmente, por mor do elevado índice de analfabetismo, o principal medio de comunicación de masas? Por esa razón, consideramos que nas actuais circunstancias, o xénero dramático debe recuperar ese necesario protagonismo, denunciando o que outros silencian, ocultan ou manipulan