AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE

AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-8487-352-5
EAN:
9788484873525
Páginas:
142
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

8,60 €
Comprar

Máis que unha biografía de perfil canónico, As artes da vida de Ánxel Huete quere ser un retrato dinámico, acaso unha sucesión de retratos fi ados en fi ta narrativa e organizada en secuencias temáticas: estudos, viaxes, experiencia política, activismo cultural, amor e amizade, labor pedagóxico, traballo creativo. O discurso textual foi trazado con instrumentos de perspectiva múltiple: a voz do narrador implicado, integrado en grande medida no ámbito que ocupa o protagonista; a do personaxe retratado, Ánxel en 1ª persoa e declaración directa ou recollida de diversas publicacións; a das citas extraídas de catálogos e libros e da súa tese doctoral inédita; e, finalmente, a voz coral dun feixe de amigos e amigas dos que solicitei un testemuño, unha semblanza. Ademais de ir trazando un percorrido ao longo da historia do oficio de artista de Ánxel Huete, estas páxinas pretenden ofrecer a imaxe das súas artes de vivir, cultivadas con intensa vontade de construción persoal e de colaboración en labores de edificación colectiva. O narrador, situado nun espazo de proximidade ao habitat vivencial, creativo e intelectual do protagonista, configúrase maiormente como figura de amizade. Este libro pretende achegar a imaxe biográfica do home e do artista, pero tamén a dos afectos que me ligan a el. Mais no substrato da súa intención non latexa o pulo da vontade encomiástica, laudatoria ou axiolóxica, senón só a manifestación natural da simpatía e atracción que a vida e a obra de Huete me producen.