ACTA DE VÍTIMAS

ACTA DE VÍTIMAS
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-8487-339-6
EAN:
9788484873396
Páginas:
230
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

10,00 €
Sin stock
Comprar

Lalín (Galiza), outono do 1946. O avogado Román Ulloa recibe o encargo de convencer aos descendentes dunha familia fidalga republicana para que vendan o seu pazo a un alto mando afín ao réxime, encaprichado coa propiedade. Así comeza Acta de vítimas, novela sobre os abusos seudolegais amparados polo franquismo, e recreación dunha época terrible na que o medo era rasgo definitorio dunha sociedade sometida. As sutís presións, as medias verdades susurradas, a tensión ambiental permanente, conforman a contorna na que respiran día a día unha galería de personaxes que abranguen un amplo mostrario de actitudes: desde o colaboracionismo activo ata o forzado, pasando pola resignación cabal e os brotes illados de rebeldía. Pero, como o impulso de vivir sobreponse a todo, nestas páxinas hai tamén cabida para a tenrura, a lembranza, o agarimo, o humor? e os arroutos de dignidade mesmo no contexto máis hostil e opresivo. A multitude de caracteres secundarios que poboan o relato complementan unha visión daquela Galicia desapacible e gris, especialmente para as vítimas sen acta que as recoñecera como tales.