A OBRA XORNALÍSTICA DE JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA

A OBRA XORNALÍSTICA DE JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-8487-435-5
EAN:
9788484874355
Páginas:
278
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

8,00 €
Comprar

José Gómez de la Cueva, que asinaba os seus traballos co pseudónimo Johan Carballeira, foi un dos xornalistas galegos máis valorados durante os anos anteriores á guerra civil. Os seus artigos, reportaxes e entrevistas publicáronse, sobre todo, en xornais galegos (Faro de Vigo, El Pueblo Gallego) e tamén de ámbito español (Ahora, El Sol, La Voz de Aragón), distribuídos pola Axencia EDIM. Tamén escribiu para revistas que se difundían en todo o Estado, como Estampa ou Gaceta de Galicia. Como poeta a súa obra apareceu en xornais e revistas, pero non puido levar a cabo o proxecto, anunciado antes da súa morte, de publicar unha escolma co título de ?Cartafol de poesía?. Elixido alcalde de Bueu polo Partido Galeguista en 1936, o seu traballo neste eido transcendeu o ámbito municipal para ocuparse dos problemas das clases traballadoras, fundamentalmente mariñeiros para mediar coas forzas políticas e empresariais as súas condicións de traballo. A guerra civil provocou a súa detención e, despois dun consello de guerra, foi condenado a morte, sentencia que se levou a cabo o 17 de abril de 1937. A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira) é unha recompilación comentada e contextualizada da maior parte dos seus traballos publicados nos xornais e nas revistas nas que colaboraba. Aquí están a práctica totalidade dos seus escritos xornalísticos clasificados por bloques temáticos (política, cultura, lingua?), por xéneros xornalísticos e ordenados cronoloxicamente.