A LOLA

A LOLA
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-8487-393-8
EAN:
9788484873938
Páginas:
90
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

5,00 €
Comprar

A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista. O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da 2º República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936). A súa trama está determinada polo que se denomina o ?pasado non ausente?: polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a condicionar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma. David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade española, deciden casar e regresan casa nativa para comunicarllo aos seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro momento co novo réxime e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos. Na obra recréase o ambiente, ideais e confrontacións entre dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas fronte as ideas constitucionais de igualdade e liberdade democrática.