A GUERRA DA GALIA

A GUERRA DA GALIA
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-8487-445-4
EAN:
9788484874454
Páginas:
370
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

10,00 €
Comprar

Este texto, narrado nunha das terceiras persoas máis famosas da Historia da Literatura, relata a conquista da Galia polo seu autor. A obra foi concibida como un relato de campaña bélica destinado a fornecer dunha fonte de primeira man a historiadores posteriores, pero tamén como unha arma de propaganda: neste senso, o seu fi n foi incrementar a influencia da figura de César na opinión pública informada da antiga Roma, e así servir de alicerce para a concreción das súas ambicións de poder. Por iso, A guerra da Galia constitúe unha fonte da maior importancia para comprender o seu xeito de actuar, así como a súa personalidade. Os efectos sobre o territorio da conquista de César séntense aínda hoxe, pois a administración da Galia como provincia converteuna nunha peza básica do Imperio Romano, da que xurdiría o reino medieval dos francos e o futuro estado francés. Polo que toca á pegada do texto na posteridade, xa desde o Renacemento esta obra foi moi lida e admirada por un gran número de gobernantes e militares europeos, que nela aprenderon nocións de estratexia bélica, e tamén de habelencia política. Ademais, para moitas xeracións de estudantes de latín de toda Europa, este foi o primeiro texto amplo ó que se enfrontaron, e co que abriron unha porta á súa propia comprensión do funcionamento da lingua de Roma. Coidamos que todas estas razóns son máis que abondas para que o idioma galego se conte, por fi n, entre as moitas linguas que posúen unha tradución de A guerra da Galia.