SOBRE A POESÍA ÚLTIMA DE MANUEL MARÍA (1976-1995)

SOBRE A POESÍA ÚLTIMA DE MANUEL MARÍA (1976-1995)
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-8487-286-3
EAN:
9788484872863
Páginas:
94
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

6,00 €
Comprar

Manuel María Despois de don Ramón Otero Pedrayo, a figura máis patriarcal da intelectualidade galega é, sen dúbida ningunha, Manuel María. Este prolífico escritor e altísimo poeta ocupa un lugar excepcional dentro das letras galegas, por razóns literarias e extra-literarias. Manuel María é o primeiro poeta mozo que se revela na posguerra, o autor máis fecundo da literatura galega das últimas décadas, unha das personalidades máis destacadas da cultura galega actual e o escritor que máis se afirmou no compromiso político co país e que mellor entronca o nacionalismo galego de hoxe co galeguismo histórico. Formado culturalmente nun mundo rural que xa desapareceu e nas tertulias dos cafés onde poñían cátedra de amor a Galiza os vellos galeguistas, este autor iniciou a súa obra literaria aos dezanove anos, cando o idioma galego estaba proscrito, nunha época en que só o feito de escribir en lingua galega era xa un acto subversivo. Así, baixo o enorme lousón da ditadura franquista, foron nacendo os seus libros de poesía, narración e teatro, os recitais poéticos por todo o país e fóra de Galiza, os seus ensaios e as súas múltiples conferencias e colaboracións xornalísticas, converténdose moi axiña na voz máis representativa da Xeración dos 50 e nun dos poetas galegos máis importantes deste século. Tamén, pouco a pouco, o escritor vai asumindo un maior compromiso político coa súa nación, sendo un dos mozos que rompe co piñeirismo e que participa activamente desde os anos sesenta na reorganización do nacionalismo, chegando incluso a ser concelleiro e candidato ao Senado.