O MAR E A MEMORIA

O MAR E A MEMORIA
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-8487-221-4
EAN:
9788484872214
Páginas:
154
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

7,50 €
Comprar

A historia local co seu coñecemento polo miúdo do territorio, das relacións sociais e das personaxes protagonistas ten, entre outras, a virtude de enriquecer as visións máis xerais, humanizándoas e, decote, situándoas nunha engaiolante clave heterodoxa. De todas estas características participa O mar e a memoria. O Expediente Armesto, en que se fai referencia á documentación enviada entre 1937 e 1938 ao gobernador civil da Coruña polo tenente da Garda Civil José Armesto Anta, destinado "ex profeso" á vila mariñeira de Malpica para investigar o clima refractario alí existente verbo do novo réxime xurdido pola forza das armas, tras o golpe militar do 17 de xullo de 1936. Os devanditos informes serviron de fío condutor para que, utilizando abundantes fontes arquivísticas, hemerográficas e bibliográficas, o autor constrúa unha historia de desafección e sometemento nunha localidade que vivira afervoadamente a experiencia republicana, tempo en que por primeira vez os poderes públicos tiveron en conta nas súas decisións a maioría social da vila representada polos mariñeiros. En realidade, o acontecido en Malpica, repítese en boa medida na maioría de vilas do litoral galego, en que as simpatías polo réxime democrático xurdido o 14 de abril de 1931 eran amplamente maioritarias e nas que as liñas de forza que determinaron o devalar político-social das súas respectivas comunidades piscatorias até o remate da Guerra Civil, son dabondo compartidas.