MIÑA QUERIDA SHEREZADE

MIÑA QUERIDA SHEREZADE
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-9995-145-4
EAN:
9788499951454
Páginas:
136
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

9,00 €
Comprar

Gañadora do 6º PREMIO MEIGA MOIRA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL Ser un libro é marabilloso. Agás cando chega a vellez. Entón decátaste de que estás feito un farrapo. Os personaxes que viven dentro de ti danche as costas porque non podes ofrecerlle a vida que eles queren. Caes enfermo. Tés tanta febre que súas tinta. E sentes a morte moi preto. Eu non quero rematar así. Sei que aínda teño unha historia máis que contar. Non está nas miñas páxinas, senón gravada no meu corazón. E non é unha soa, senón moitas. Porque eu nacín en 1908 na Casa Editorial de Saturnino Calleja. Viaxei a Cuba no peto dun home rico e regresei na man dun pobre emigrado galego. Coñecín o amor e o desamor, sobrevivín a unha guerra civil, alimentei soños, transmitín mensaxes, salvei e fun salvado. Eu gardei dentro de min a cor dourada de todos os desertos, a Simbad, Alí Babá e Aladino. Por iso che pido, miña querida Sherezade, que non marches, que agora sexas ti quen me escoite. Porque pode que esta sexa a miña última historia.

Otros libros del autor Ver todos

O SEGREDO DO LAGARTO ARNAL
ebook
VIOLETA TAMURANA
ebook