MANUEL MARÍA: ENTRE SANTOS E NAVALLAS

MANUEL MARÍA: ENTRE SANTOS E NAVALLAS
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-8487-329-7
EAN:
9788484873297
Páginas:
74
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

8,00 €
Comprar

?Entre santos e navallas?, porque Manuel María gustaba coleccionar navallas que arestora adóitase dicir de ?multiuso?, incorporados a elas abridor de latas de conservas e mesmo tesouriñas para cortaren as unllas. Nas ferretarías de Parga, á carreiriña dun can de Outeiro de Rei, ten mercado o rapaz máis dunha, e anos despois, en Lugo, cando podía, ía procurar algunha á Cuchillería Aquilino, na rúa de San Pedro, que xa eran máis finas, con mangos ou cachas de nácara. Tamén adquiríu as de Taramundi. O dos santos ?nos que era moi versado en vidas e milagres?, cecais lle chegara da man do tío crego, párroco da igrexa de San Froilán, enfronte do cuartel de San Fernando, polos anos 50 do pasado século, logo do ?pacto? cos ianquis, cando Eisenhower paseara canda Franco pola Castellana. Do patrón lugués, coñecía os seus andares cal se andivese canda el ou mesmo tiver algún xeito de comunicación divina.