AMÁLGAMA DE DESQUICIADOS

AMÁLGAMA DE DESQUICIADOS
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-9995-178-2
EAN:
9788499951782
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

5,80 €
Comprar

As narracións deste libro recollen un compango de personaxes que, axudados polas mesuradas doses de humor, ironía e ternura coas que nos agasalla o autor, fitan con prismáticos desenfocados este inmenso entorno de ferrados que nos espera e engana baixo promesas e palabras de progreso e cambio. Polo libro desfilan misántropos resesos, plantas carnívoras que escriben diarios na oficina, cabaleiros coa armadura enferruxada e con pegatinas, nenos suicidas e godos, criminosos impunes, viaxeiros do prohibido, vendedores da cultura encerrada en tomos, intelectuais especializados en mitocondrias, un filósofo chipriota chamado Nenmolho Nencyprus... todos eles conseguen en nós -como mínimo- un sorriso dos reflexivos e, nestes momentos que nos toca vivir, iso non é pouco.

Otros libros del autor Ver todos

CARNE DE ESTATUA
ebook