A NEVE E O LUME

A NEVE E O LUME
ebook
Ficha Técnica
ISBN:
978-84-9995-083-9
EAN:
9788499950839
Páginas:
128
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

8,00 €
Comprar

"A neve e o lume representa unha achega á literatura galega da narrativa gótica, á vez que unha sentida homenaxe á poetisa arxentina Alejandra Pizamik, da que se recuperan diversos poemas que serven de motivo introdutorio a cada un dos capítulos da novela. Negraneve, a protagonista da historia, ten que superar a protección da Cociñeira e do Leñador, os seus pais, ante a Xente de Arriba da Gran Mansión, onde viven atrapados, como resultado dunha maldición invocada nun aquelarre nunha noite do solsticio de verán, e os seus propios medos ao descoñecido para mostrar a súa auténtica beleza e liberar, ao tempo, os seus país da carga que arrastraban dun tempo doutra época. É unha alegoría da vida, unha aproximación ao seu misterio e aos medos que provoca, tamén un canto á natureza, motivos que levan á autora a adoptar unha fermosa linguaxe literaria e unhas meditadas pausas narrativas que a aproximan ao xénero poético, por unha banda, e á literatura de tradición oral, pola outra. Tamén, unha viaxe para escapar do tempo pasado, unha viaxe na procura da liberación. "